martes, 29 de noviembre de 2011

Actividades de Médicos do Mundo en Vigo en conmemoración do Día Internacional da VIH

Mesa informativa sobre VIH/SIDA
Fotos para campaña REDVIH. ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’


·        Data: xoves 1 decembro
·        Horario: de 10.00 a 14.00
·        Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva)
·        Coordinan:
MÉDICOS DO MUNDO Galicia. Delegación Vigo
Asociación FARAXA

En horario de mañá, unha mesa informativa fronte á fachada principal do MARCO, atendida por voluntarios de Médicos do Mundo e da Asociación Faraxa, estará a disposición do público para repartir material divulgativo sobre VIH/SIDA e atender calquera solicitude de información. Os colaboradores de MDM son axentes de saúde, persoas que colaboran entre grupos de iguais, formadas en redución de danos e riscos, en técnicas de achegamento e asesoramento sociosanitario básico. Pola súa banda, a Asociación Faraxa focaliza a atención en potenciais clientes de prostitución, ademais de ofrecer información sobre ITS e VIH como forma de concienciación, xunto a outros servizos como asesoramento xurídico, social e sanitario.

Ademais, calquera persoa terá a posibilidade de colaborar na Campaña ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’, promovida por REDVIH en toda España, simplemente facéndose unha fotografía co lema que cada un elixa, relacionado coa campaña, ou informándose sobre outras posibilidades de participación a través da webhttp://actuable.es/peticiones/no-discriminacion-vih-y-sida



Actuación grupo hip-hop. DISTRITO CRIMINAL D.C. 


·        Data: xoves 1 decembro
·        Horario: ás 12.00
·        Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva)


Acompañando a mesa informativa da mañá, o grupo de hip-hop ‘Distrito Criminal DC’

jueves, 24 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


NOTA DE PRENSA: MÉDICOS DO MUNDO

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

        Co galo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o grupo de Movilización Social de Médicos do Mundo en Vigo, queremos achegar a ciudadanía a realidad da violencia das mulleres que conviven co VIH, tema que esta gañando importancia na axenda internacional de vih, xénero e desenrolo.
        Aínda que a violencia contra as mulleres que viven có Vih pode ser un reflexo das dimensións da violencia contra a muller en xeral, (violencia que soe recoñecerse coma unha ameaza grave para a saúde pública e para o incumplimiento dos dereitos humáns, xa que entre un 15 e un 71% das mulleres din que sufriron agresións físicas ou sexuais por parte das súas parellas), a violencia exercida contra a muller VIH, ten otros factores a ter en conta, coma son, ademais das vinculadas a relacións de poder por parte do home nas relacións de parella,

-Estar nunha situación de maior vulnerabilidade de risco de contraer a infección por non poder decidir ter relacións sexuais protexidas,
-Non ter a posibilidade de saber si están expostas a infección, debido os mandatos de xénero existentes na sociedade, xa que as vías de transmisión implican costumes e hábitos na que as persoas expoñense  coas súas emocións e crenzas ante a súa sexualidade.
-A criminalización do traballo sexual das mulleres vih, das usuarias de drogas, e as mulleres vih, tamén poden ter un trato violento no entorno sanitario, as violacións de dereitos reproductivos son unha violencia de xénero:
falta de dispoñibilidade ou interrupción do suministro de anticonceptivos,
trato de prexuicio no estado reproductivo,
asesoramento coercitivo sobre planificación familiar,
esterilización obrigada,
ou abuso verbal,...
Poñen unha barreira no acceso á atención en saúde reproductiva.

        Tamén temos que contar como síntomas da violencia contra  a muller VIH, -Factores de estigma e discriminación existentes na sociedade, e entre otros:
non poder ver os seus fillos,
ser expulsada dos círculos familiares e sociais,
dificultade para atopar un emprego ou vivenda,
o uso dunha linguaxe discriminatoria,
as lexislacións e políticas que se desenrolan sen ter en conta a perspectiva de xénero e o estado serolóxico...

         Por todas estas razóns, MDM, quere neste día facer un chamamento a ciudadanía e os responsables políticos, para que teñan en conta esta realidade e a visibilicen nos programas, campañas, discursos e políticas que se fagan contra a violencia da muller.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Editorial por Lobo


Estreamos nova sección no blog.




“NUNCA CAMINAREI SO” by Lobo


Non voto e segue todo igual coma se votase,non voto porque non creo neste sistema electoral,non creo neste sistema socio- economico e non creo neste sistema político.Isto significa que son un anti-sistema pois sí, aínda que non nego que formo parte del con maior ou menor implicación é o único que podo facer ata dia de hoxe(Seica outro sistema non é posible?) ,non vexo unha saída a todos os problemas que me rodean con este sistema tan inxusto que crea cada vez mais diferenzas sociais entre as persoas,que reparte mal ou non reparte a riqueza entre todos os seus membros, que os pobres son mais pobres e os ricos son mais ricos.


Un sistema que promove a competitividade entre as persoas algo inhumano baixo o meu punto de vista pois isto vai acompañado dunha contorna socio-laboral agresivo. Se non es competitivo non vales para esta sociedade pois o teño claro ¡Eu non valgo! me rio desta verba que esconde tras ela todo o contrario a compañerismo,solidaridade e humanidade.Esto o vivo dia a dia nunha multinacional que se deixas esmagan o teu intelecto e a tua personalidade(algún dia profundizarei nisto).


Onte eleccións xerais no estado español un partido político co 44% dos votos consegue a maioría absoluta Que non cho cres? pois é verdade spanish is diferent,polo menos quédame a conciencia tranquila de non formar parte desta pantomima que a denominan a festa da democracia e só é un atropelo os millóns de persoas que votaron e os que non votaron tamén ,pois a política non se fai só indo votar senón dia a dia como di un amigo mio “Derrubando muros”e iso é o que levo facendo desde que eu recorde,o meu compromiso político é total pero non con políticos senón cas persoas.


Din que as urnas lexitímanche para mandar os designios dun estado ¡Pode ser! Pero que non se esquezan os que van mandar e mangonear os seres humanos que formar parte deste estado plurinacional que teñen “só”o apoio de 10.800.000 votos que hai 27.000.000 de persoas que non os apoiaron a eles daralles o mesmo pero a min tranquilízame.



O gran engano dos escaños...e un país de "absoluto" azul :(

O país tínguese de azul. Celebran a victoria, maioria absoluta...a carta blanca para facer e desfacer canto gusten, eso nunca é boa noticia goberne quen goberne. E grazas a nosa lei electoral, consiguen a maioria absoluta con só 500.000 votos máis cas pasadas eleccións nas que perderon, ¿alguen pode entende-lo?.

Seguiremos na loita, agora máis que nunca. Recordémoslle que nunca poderán facer cousas polo pobo sen contar co pobo.

Para máis información sobre o engano dos escaños e do noso sistema electoral, consultado estos enlaces, máis que recomendables!!!!

Saude e forza!
pd. Atentos/as a abstención e o voto en branco....

https://docs.google.com/spreadsheet/lv?key=0Am-rc2Pm4dvYdC00ajlKZHA0cXNkVnVnV1lDakMzREE&toomany=true#gid=0

http://noticias.lainformacion.com/politica/elecciones-locales/elecciones-20n-asi-quedaria-el-parlamento-si-todos-los-votos-valieran-lo-mismo_6mFClXJKXTTa2JZve5QLo1/

martes, 15 de noviembre de 2011

Invitación as Xornadas polo X Aniversario de Médicos do Mundo en Vigo

 Co motivo do seu X Aniversario na cidade de Vigo, Médicos do Mundo invitavos as Xornadas "Reducción de Riscos e Danos: Drogodepencias e Exclusión. Unha mirada dende a Experiencia" que se levarán a cabo os días 2 e 3 de Decembro no Centro Social de Caixanova,
Preténdese que sea un foro onde poder compartir experiencias, vivenzas e onde escoitar outras voces e realidades moitas veces silenciadas.



Animádevos a participar!

Podedes consultar o programa e o modo de inscripción no seguinte enlace:

Xornadas X Aniversario Médicos do Mundo en Vigo

viernes, 4 de noviembre de 2011

Algúns apuntes sobre as Eleccións: Voto Protesta (blanco, nulo, abstención) e Non-Bipartidismo

Editado 12/11/2011: neste enlace podedes ver unha moi boa explicación da diferencia entre diferentes opcións de voto protesta: publico.es- favorece el voto en blanco el bipartidismo.

¿A quèn beneficia o voto nulo?
¿A quén perxudica votar en branco?
¿E a abstención?


Matematicamente, nin a abstención nin o voto nulo ten ningunha incidencia no resultado, pero sí o voto en branco.

A abstención consiste en non ir votar. É unha das fórmulas utilizadas habitualmente para protestar contra o sistema, pero non ten ningunha influencia no resultado final. A maior abstención, supónse que existe maior desinterese polas eleccións, pero non inflúe na repartición dos postos polos partidos, xa que para iso se consideran os votos válidos emitidos. Considérase que perxudica á esquerda, que é máis abstencionista que a dereita, pero mateticamente nin beneficia nin perxudica a ninguén.
Como modo de protesta, perde “validez” porque é difícil separar a abstención por deixadez ou non interese na política da abstención protesta.

O voto nulo é un voto con algunha deficiencia, ben porque se mete na urna unha papeleta doutra circunscrición ou porque estea tachada ou alterada. A efectos prácticos non serve para nada, xa que os postos repártense atendendo aos votos válidos, que non inclúen os nulos.

O voto en branco consiste en meter na urna o sobre baleiro, sunse que porque non nos gusta ningún dos partidos que se presentan, aínda que estamos de acordo co sistema, posto que votamos. A diferenza do nulo, o voto en branco computa como válido e tense en conta á hora de repartir os postos a cubrir, pero ten a ventaxa de que claramente se presupón un interese e una motivación en acudir a votar e se ve máis claramente que é un voto protesta. A desventaxa é que perxudica aos partidos is pequenos. Cantos is votos en branco hai, habe máis votos válidos, e xa que logo máis votos necesita un partido para chegar ao 3% no caso dos concellos e ao 5% para entrar no Parlamento.


Outras opción de voto…NON Ó BIPARTIDISMO:

O noso sistema demócratico favorece claramente o bipartidismo, pero o abanico é moito máis amplo. Ainda que non teñan o mesmo trato nos medios de comunicación masivos, internet e as Redes Socias, son una plataforma de difusión de programas e propostas diferentes.
Estos son algún dos partidos chamados minoritarios que se presentan nas vindeiras eleccións estatais 2011.



Anticapitalistas: Conseguiron candidatura legal en 13 provincias, entre elas, Madrid, Barcelona e Sevilla e  presentarán un recurso contencioso-administrativo contra a decisión de  catro  XuntaElectorais  Provinciales de  anular  as suacandidaturas.  Anticapitalistaestá formada por activistas sociales, parados, estudiantes, agricultores, sindicalistas,...e defende medidas de ruptura co actual modelo político e económico, como a nacionalización da banca, a mellora e defensa dos servizos públicos frente ós recortes e a privatizacn, o non pago da débeda pública, a reducción da xornada laboral sen reducción do salario para crear empleo e repartir o traballo dostico e de coidado, a como o derecho á autodeterminación e a decidir o propio destino de tódolosos pobos. En palabras de Esther Vivas, que encabeza a lista por Barcelona: defendemos un programa anticapitalista, feminista, ecologista, en defensa de los derechos nacionales, antirracista e internacionalista y que busca transformar la sociedad desde la raíz”.

EQUO Conseguiu o visto bo de tódalas candidaturas presentadas para o 20N, en 43 provincias  españolas.  Equo  basa  a sua acción políticna  defensa  da  sostenibilidad,  a democracia participativa e os Dereitos Humáns. O partido tamén aposta por un modelo económico distinto, feito á medida da cidadanía, basado na democratización das instituciones financieiras, o fomento de empregos verdes e unha reforma fiscal progresiva que garantice a calidade dos servizos públicos. Equo está contando o seu programa en tuits a través de #equopropone e de facebook, e o programa entero pódese consultar en  equova.org.

Por un mundo más justo: Finalmente esta presente en 43 provincias, pero denuncia que a Xunta  Electoral Central acorrale ós partidos minoritarios nunha rúa sen saida”. Es traballando dende  fai  varios  meses  na  definición  dun programa que se plantea baixo os seguintes grandes epígrafes: eliminar a pobreza e as suas causas, tanto fora de España como en España. 

Hartos.org, Plataforma Coalición transversal de ciudadáns e entidades pola Democracia sen partidmismo: Poderá presentarse en seis provincias, aunque, según eles nuestro objetivo principal es denunciar el contexto jurídico electoral, donde la democracia y el sufragio universal no están garantizado. A Plataforma Coalición agrupa máis de 50 partidos e entidades e nace para defender as libertades máis básicas da cidadanía en democracia, como a igualdad ante la lei, o dereito a elexir e ser elexido, o dereito á información, a separación de poderes.

El Partido Animalista, antiguo Partido Antitaurino: Conseguiu presentarse por 46 circunscripcion. El PACMA pretende afondar no debate sobre o respeto e protección ós animais no ámbito político español. Algunhas das propostas do seu programa electoral son prohibir a caza, promover a agricultura sostible e ecolóxica, promover un estilo de vida máis saudable que beneficie tanto ás persoas como ós animais, por fin ás corridas de toros e ós espectáculos e formas de entretenimento con animais.

Plataforma Coalición transversal de ciudadanos y entidades por la Democracia sin partidismo: Poderá presentarse en seis provincias. A Plataforma Coalición agrupa máis de 50 partidos e entidades e nace para defender as libertades máis básicas da cidadanía en democracia, como a igualdade ante a lei, o dereito a elexir e ser elexido, o dereito á informacn, a separación de poderes.

Partido Pirata poderase presentar por tres circunscripcions. Este partido loita por un mundo onde a cultura non sea privilexio dos poucos que se podan permitir o luxo de pagar por ela: por unha ensinanza ó alcance de todos; pola defensa das vítimas, sexa cal sexa a sua condición e sexo; e polos dereitos humáns, a difusión científica, tecnolóxica e cultural universal, o software libre, os estándares abertos, a descriminalización do intercambio de archivos sen ánimo de lucro, a neutralidade da red.

Iniciativa  Feminista:  Eestaeleccionesó  concurriráó Senado por Gran Canaria. Este partido nace en Suecia ca intención de articular a participación política do feminismo nos órganos de poder. Entre os seus obxetivos atópase a inaplazable desarticulación de “un sistema ancestral de relaciones de género que mantienen al 50% de la humanidad, las mujeres, en situaciones de profunda desigualdad y subordinacn.