viernes, 12 de agosto de 2011

Non ó recorte nos dereitos das persoas sen fogar!!!


A Rede Social Galicia Sur manifesta o seu pleno desacordo co recorte de servizos

NON O RECORTE SOCIAL NOS DEREITOS DAS PERSOAS SEN FOGAR

A Rede Social Galicia Sur quere manifestar o seu desacordo co peche definitivo do  Piso Social S.A.M (piso social de atención a mulleres en situación de emerxencia) que se vai realizar o luns 15 de agosto pola mañan, Sabemos que non se fixo ainda un comunicado ó respecto, pero por fontes da RSGS está confirmado este peche. Non é  lóxico que as propias usuarias estén xa informadas cando os recursos municipais negan calquera comunicación oficial.
Este peche supon un recorte social dun recurso de aloxamento para as mulleres que se atopan nunha situación de emerxencia e desprotección basica . Este recurso conta con 5 plazas e as 5 plazas están cubertas por mulleres en dita situación e que o dia 15 de agosto descoñecemos donde dormirán.
Ainda que tanto Servicios sociais municipais como varias entidades de Vigo están traballando na Inclusion social con estas mulleres,  o proceso é lento. En pleno agosto, con case todos os recursos a medio funcionamento , en plena ponte de Vigo, as mulleres que utilizaban o piso quédanse sen cobertura básica e con dous dias festivos onde os servizos sociais non están abertos (por non decir que en Vigo non existen Servizos socias de urxencia en fins de semana nin festivos). Vigo carece de recursos a nivel de aloxamento para mulleres (é decir, non hai plazas de albergue para mulleres)  e a apertura deste servizo facilitou a pernocta de mulleres sen fogar. Unha vez mais constátase que as mulleres sen fogar son doblemente excluidas: por ser mulleres e por non ter fogar.
Serán reubicadas estas mulleres nalgures?? Deixarán que Vigo perda outro dispositivo necesario para as mulleres??Tra-lo peche da Casa de Acollida para persoas con Vih , o peche do Piso social, a “desidia” por empezar canto antes as obras dun albergue provisional , Vigo é unha cidade onde os recursos para as persoas mais vulnerables é cada vez mais escasa.
Debido as ultimas novas reflexadas en prensa (a Voz de Galicia, 27/07/2011) sobre o “albergue provisional para persoas sen fogar en Vigo”, queremos comunicar o desánimo da cidadanía e noso malestar como Rede Social Galicia Sur ante a NON  inclusión do expediente para a desafectación do edificio da antiga escola  de hosteleira no pleno municipal do pasado dia 26 de xullo. Cremos que é un asunto urxente, e de que da solución  dependen os dereitos das persoas usuarias,. Por eso reinvindicamos  que este tema se vexa  reflexado na axenda politica do Concello de Vigo para ser tratado con celeridad, xa que os plazos previstos non se están cumplindo  e NON se  presenta ninguna alternativa aceptable para a cidadania.


A Rede Social Galicia Sur é unha plataforma que aglutina a organizacións de Vigo e bisbarra que traballan tanto nos países do Sur como en Galicia pola xustiza social e por acadar un mundo máis xusto, equitativo e sostible para toda a cidadanía. As organizacións que forman parte da Rede Social Galicia-Sur e que apoian esta iniciativa, son: ACLAD Alborada, Asociación Érguete Vigo, Asoc. Xuvenil Abertal, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Comité Oscar Romero, Educación Sen Fronteiras, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo Imán - CEDRO, Médicos do Mundo, Parroquia Stimo. Cristo da Victoria, Intermón Oxfam, Solidariedade Internacional.
Cuadro de texto: Persoas de contacto:

Nieves Turienzo Rio -Medicos do Mundo Vigo
639442039
David Viso??