jueves, 24 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


NOTA DE PRENSA: MÉDICOS DO MUNDO

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

        Co galo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller, dende o grupo de Movilización Social de Médicos do Mundo en Vigo, queremos achegar a ciudadanía a realidad da violencia das mulleres que conviven co VIH, tema que esta gañando importancia na axenda internacional de vih, xénero e desenrolo.
        Aínda que a violencia contra as mulleres que viven có Vih pode ser un reflexo das dimensións da violencia contra a muller en xeral, (violencia que soe recoñecerse coma unha ameaza grave para a saúde pública e para o incumplimiento dos dereitos humáns, xa que entre un 15 e un 71% das mulleres din que sufriron agresións físicas ou sexuais por parte das súas parellas), a violencia exercida contra a muller VIH, ten otros factores a ter en conta, coma son, ademais das vinculadas a relacións de poder por parte do home nas relacións de parella,

-Estar nunha situación de maior vulnerabilidade de risco de contraer a infección por non poder decidir ter relacións sexuais protexidas,
-Non ter a posibilidade de saber si están expostas a infección, debido os mandatos de xénero existentes na sociedade, xa que as vías de transmisión implican costumes e hábitos na que as persoas expoñense  coas súas emocións e crenzas ante a súa sexualidade.
-A criminalización do traballo sexual das mulleres vih, das usuarias de drogas, e as mulleres vih, tamén poden ter un trato violento no entorno sanitario, as violacións de dereitos reproductivos son unha violencia de xénero:
falta de dispoñibilidade ou interrupción do suministro de anticonceptivos,
trato de prexuicio no estado reproductivo,
asesoramento coercitivo sobre planificación familiar,
esterilización obrigada,
ou abuso verbal,...
Poñen unha barreira no acceso á atención en saúde reproductiva.

        Tamén temos que contar como síntomas da violencia contra  a muller VIH, -Factores de estigma e discriminación existentes na sociedade, e entre otros:
non poder ver os seus fillos,
ser expulsada dos círculos familiares e sociais,
dificultade para atopar un emprego ou vivenda,
o uso dunha linguaxe discriminatoria,
as lexislacións e políticas que se desenrolan sen ter en conta a perspectiva de xénero e o estado serolóxico...

         Por todas estas razóns, MDM, quere neste día facer un chamamento a ciudadanía e os responsables políticos, para que teñan en conta esta realidade e a visibilicen nos programas, campañas, discursos e políticas que se fagan contra a violencia da muller.