martes, 29 de noviembre de 2011

Actividades de Médicos do Mundo en Vigo en conmemoración do Día Internacional da VIH

Mesa informativa sobre VIH/SIDA
Fotos para campaña REDVIH. ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’


·        Data: xoves 1 decembro
·        Horario: de 10.00 a 14.00
·        Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva)
·        Coordinan:
MÉDICOS DO MUNDO Galicia. Delegación Vigo
Asociación FARAXA

En horario de mañá, unha mesa informativa fronte á fachada principal do MARCO, atendida por voluntarios de Médicos do Mundo e da Asociación Faraxa, estará a disposición do público para repartir material divulgativo sobre VIH/SIDA e atender calquera solicitude de información. Os colaboradores de MDM son axentes de saúde, persoas que colaboran entre grupos de iguais, formadas en redución de danos e riscos, en técnicas de achegamento e asesoramento sociosanitario básico. Pola súa banda, a Asociación Faraxa focaliza a atención en potenciais clientes de prostitución, ademais de ofrecer información sobre ITS e VIH como forma de concienciación, xunto a outros servizos como asesoramento xurídico, social e sanitario.

Ademais, calquera persoa terá a posibilidade de colaborar na Campaña ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’, promovida por REDVIH en toda España, simplemente facéndose unha fotografía co lema que cada un elixa, relacionado coa campaña, ou informándose sobre outras posibilidades de participación a través da webhttp://actuable.es/peticiones/no-discriminacion-vih-y-sida



Actuación grupo hip-hop. DISTRITO CRIMINAL D.C. 


·        Data: xoves 1 decembro
·        Horario: ás 12.00
·        Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva)


Acompañando a mesa informativa da mañá, o grupo de hip-hop ‘Distrito Criminal DC’