miércoles, 21 de diciembre de 2011

Editorial: Superando a Caridade… ¡traballando polos Dereitos Humáns!


¿Por qué decimos que non traballamos dende a caridade? Porque cando falamos de  DDHH, falamos dun sistema de dereitos e deberes establecidos polo Dereito Internacional tendo a súa máxima expresión na Declaración dos Dereitos Universais de 1948. Non falamos de algo que nos dan por boa vontade, ou por filantropía ou porque nos comportamos adecuadamente. Os Dereitos Universais  pertencennos polo simple feito de ser humáns.

Os Dereitos Humáns son UNIVERSAIS (Para todos e todas, sen importar raza, idade, relixión, xénero ou condición social e económica), INTEGRAIS  (Un dereito depende de outro), IMPRESCRIPTIBLES (Non caducan), PROGRESIVOS (Existe un recoñecemento constante de novos dereitos e dimensións), INALIENABLES (Ninguén, nin o Estado pode quitar ou restringir ningún Dereito Humán) e EXIXIBLES (Son susceptibles de ser vixilados e reclamados).
Os DDHH suponen ademáis asumir que temos un importante rol que desenrolar dende diferentes papeis protagonistas: Ben como titulares de ese dereito xa que somos suxeitos activos nos cambios e transformacións, ben como titulares de obrigas xa que o Estado ten a obriga moral e xurídica en relación o cumprimento e desenrolo dos DDHH ou ben como titulares de responsabilidades en canto somos membros da sociedade (medios de comunicación, institucións, etc).



¿Qué repercusións teñen os Dereitos Humáns na nosa vida diaria?

Os Dereitos Humáns impregnan toda a nosa cotidaneidade: cando acudes ó centro de saúde para recibir asistencia sanitaria porque estás enfermo/a, estás facendo uso do teu Dereito a Saúde. Cando solicitas unha prestación social porque tes un maior dependente no teu fogar, estás recibindo un servizo polo dereito a unas condicións axeitadas de vida e a promoción da independenza persoal. Cando expresas as túas ideas sen que ninguén te manque por iso, estás disfrutando do teu Dereito a libre expresión. Cando acudes a un colexio público, a unha universidade, cando recibes unha beca estás disfrutando do Dereito tan importante á educación. E sobretodo, estás no mundo porque tes o Dereito á Vida, que é o primordial, Dereito a que ninguén poda quitarte ese ben tan preciado. 

Así que tede en conta, sobretodo nestes tempos de crise e recortes no Estado Social de Benestar, que non queren quitarnos beneficios que gañaramos por ser boa xente ou como premio por ter unha economía de champions league. Queren quitarnos, negarnos ou dificultarnos o acceso e o disfrute ós nosos DEREITOS, dereitos que como comentábamos o inicio da entrada, non poden ser restrinxidos por nada nin nadie, en ninguna circunstancia. E que recorten en sanidade, é vulnerar o noso Dereito a unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade. Que recorten o presuposto en Servizos Sociais e políticas públicas de protección é unha vulneración do noso Dereito a unha vida digna en condicións axeitadas e suficientes. Que nos desaloxen das nosas casas é negarnos o noso Dereito a unha vivenda. E así con todos e cada un dos ámbitos onde queren meter a tixeira. 

Pero temos nas nosas máns, nas nosas bocas as ferramentas e as verbas para non permitirlles nin un paso atrás.  Loitemos polo noso. Por un fortalecemento do Estado Social de Benestar como superación da crise.