lunes, 30 de enero de 2012

Editorial: QUEN REGULA OS MEUS DEREITOS? OU MELLOR QUEN DEBE PROTEXELOS?


 Nestas semanas estamos moi preocupadas no Enrédate, so pasaron dous meses dende que o PP estabilizouse no poder no marco estatal, e o conseguido en dereitos fundamentais nos anteriores anos parece temblar e deluirse.

Acostumadas a un discurso económico: vai baixar o paro, fortaleceremos a creación de emprego, non tocaremos as pensións, fixo que sonaran a cantos de serea o programa e a victoria dunha dereita conservadora e con rendida pleitesía a gran broma que é o estado europeo, esos cantos estanse a convertir en: mais parados, unha  reforma laboral que non beneficia o traballador, a suspensión da mayoría do emprego público, a subida dos impostos, a intención de sacar cuartos da venta de armas¡¡¡, o aumento de desaloxos e por tanto, a falta do acceso a vivenda..etc, pero o risco de todo isto é a maiores que enfrascados en números para chegar a fin de mes, desuelle o poder a quenes intentan recortar tamén nos nosos dereitos:a semana pasada o actual ministro de xustiza, (o mesmo suxeito que como alcalde dunha cidade provocaba e insultaba a inteligencia das ciudadanas e ciudadanos pretendiendo levar a cabo ordenanzas como que as persoas que colleran comida do lixo terían que pagar unha multa por desorden público,JA¡¡), anunciaba no mesmo día que o ministerio de xustixa pensaba cambiar a lei do menor, implantar a condena perpetua revisable ( e este tema non será importante e de opinión pública como para que se leve o senado e non se decrete por Lei orgánica?), e como non, a reforma da Lei de Saúde Sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo do 2/2010 do 3/03 2010.

 Nesta semana no Enrédate imos dedicarlle o programa os dereitos sexuais e reproductivas, parte dos dereitos  fundamentais da persoa que poden ser vulnerados se a reforma da Lei se leva a cabo: recordamos que a protesta do PP no ano 2010 no tribunal constitucional polo cambio da lei no que se refire a interrupción voluntaria do embarazo dun sistema de indicadores ó sistema de plazos ( sistema que figura en case todas as lexislacións europeas da materia) aínda está sen resolver.

Tamén tocaremos o aspecto mais polémico da reforma do 2010, o acceso as mulleres de 16 e 17 anos a unha IVE sen o consentimiento dos tutores ou nais e pais sempre que se alegue unha situación de desamparo ou conflicto onde se poidan estar vulnerando os dereitos desas mulleres.

 Dende o enrédate vos preguntamos:está a sociedade atendendo correctamente a población adolescente en relación os seus dereitos? E necesario un estado que nos regule ou que nos protexa?





domingo, 22 de enero de 2012

Os dereitos das persoas con problemas de saude mental

No mes de Febreiro sacaremos un programa especial sobre saude mental. Para ir abrindo ollos e conciencias, compartimos con vós este video sobre os Dereitos Humáns das persoas con problemas de saude mental. Unha perspectiva diferente, dende a boca dos/as propios/as protagonistas. Porque sabemos que moitas cousas teñen que cambiar...

jueves, 19 de enero de 2012

Editorial: Comercio Xusto

Partindo dá definición de que comercio xusto é un sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue ou desenvolvemento dous pobos e loita contra a pobreza,venme a cabeza varias preguntas...Somos conscientes hoxe en dia de onde veñen a maioria dous produtos que mercamos?

Sabemos cales son as condicions laborais e humanas dás persoas que fan a maioria de produtos que chegan os nosos fogares? 



Só miramos o prezo ainda que sexa á conta de man de obra infantil e persoas explotadas e practicamente esclavizadas durante a sua vida en moitos casos moi curta?

Queremos seguir mantendo a unhos poucos non seu pedestal que ainda encima mírannos por enrriba do ombreiro para que millons e millons de persoas mal vivan ou morran?

Todos sabémonos que todolos produtos do mercado mundial repártenvos entre unhos poucos de intermediarios que medran á conta de emprobecer os mais pobres e de explotar os traballadores e iso estase extendendo coma dunha pandemia se tratase polo planeta,e non falamos só de produtos baratos senón tamen de produtos de marca de multinacionais(que todos coñecemos) que cunhos porcentaxes inmorais e vergoñentos son feitos na sua maioria non terceiro mundo a cambio dunha esmola. 


O tema e moi complexo pois as organizacions mundiais que tingan que velar polo correcto funcionanento dos factores anteriormente expostos fan unha velada deixadez de funcions pois estan controladas polas grandes corporacions e permiten co capitalismo salvaxe e neoliberalismo acampe as suas anchas. 

Se queremos trocar isto temos que escomenzar a ter conciencia de ser humano e achegar o noso gran de area e apostar por este comercio xusto,senón todo irá a peor esta nas nosas mans,na nosa cabeza e no noso corazón.


Camiñante, non hai camiño,
faise camiño o andar.
(Antonio Machado) 


Algunhas tendas de comercio Xusto: 

jueves, 5 de enero de 2012

Editorial: Palestina.

Temos un problema de gran carga emocional e politica dende o ano 1947 no mundo, é o conflicto Israeli-Palestino con millares de victimas moitas mais dun bando que de outro con millares e millares de presos de un so bando, con millares de nenos orfanos moitos mais dun bando que de outro, con miles de casa destruidas prácticamente dun so bando... En verdade ¿a Comunidade Internacional quere arranxar o problema?

A solución é moito máis sinxela cas famosas follas de ruta; é simplemente cumprir as Leis Internacionais e respetar os Dereitos Humáns.

Teriamos que esixir que Israel cumpra a resolución 242 do 1967 na que lle esixen abandoar os terreos ocupados durante a guerra do 1967 aprobado pola totalidade do Consello Xeral de Naciones Unidas e facerlle cumprir o artigo 6 do tratado de Xinebra de 1948 no que respeita os Dereitos Humáns; só con cumprir estas duas cousas teríamos o problema arranxado nun porcentaxe moi alto... 


Se 124 paises dos 193 paises que compoñen a ONU recoñecen a Palestina coma un estado propio... ¿A que esta esperando a Comunidade Internacional para que sexa Palestina o estado 194 da ONU?

Hai un pais con dereito a veto ó  que non lle interesa isto: son os autonomeados"libertadores do mundo oprimido", os "yankees", que teñen que amortizar o seu apoio militar sen precedentes, unha zona estratexica importantisima para eles e o mesmo tempo coidar o capital que invirten o lobbi xudeu na maoiria dos seus presidenciables.

¿Cómo pode permitir a Comunidade Internacional que ainda exista o dereito a veto?
Un dereito que foi creado o final da segunda guerra mundial pola divión existente entre os paises comunistas e capitalistas para crear un equilibrio quizáis necesario nesa epoca da historia.

Si esto se cumprira e Palestina tivera un estado propio a magnitude do problema para o goberno de Israel seria infinito, pois Palestina podería denunciar a altos cargos militares e politicos e israelies pola ocupación do seu pais, crimenes de guerra e todo o demáis que fixeron durante estas décadas...Entendedes por qué non se permite crear o estado Palestino..

¿Os imaxinades a presidentes israelis e xenerales detidos e levados a Corte Penal Internacional ainda que non a recoñezan?


Como coñecemos a especial sensibilidade do pobo xudeo, aclarar que non é un ataque a este pobo senón o estado sionista e o goberno de Israel. O respeto que temos os/as xudeos/as e o mesmo que temos os pobos musulmanes ,cristianos ,budistas e demáis relixións e formas de vida.