lunes, 26 de marzo de 2012

PODEN OS DEREITOS CONVERTERSE EN DEBERES ?

Dende o enrédate, andamos estas semanas pensando, dende onde teñen que partir ás nosas palabras, e polo tanto, ás nosas accións, de cara a xornada de folga do vindeiro xoves día 29. Desexamos coma desexan ás nenas e nenos pequechos, é dicir, pensando que se se quere algo moito, moito, e pechas os ollos con forza, os abrilos aparece ou desaparece (vete ti saber) aquilo que desexabas tanto…


Non é que sexamos moi grandes aínda, pero si que xa non somos inxenuas, e sabemos que por moito que o desexemos o día 30 non vai desaparecer a inxustiza social na que vivimos, nin ás colas nas oficinas do inem, nin diante dous comedores sociais, nin ás noites de insominio de moitas de nós, repasando ás mesmas contas e sabendo que non, que non dan os números que quixeras….Tamén sabes que non aparecerán os criterios de equidade para que o gasto público asignese por acordo as necesidades básicas: alimentos, sanidade, educación,… e que Matas, Indurgarín, Camps e demais farándula seguirán co seu circo no que os ananos non crecen, pero si os buratos dos cartos de todas, que alguén fai seus.

Tamén sabes, que ás milicias, ousease os corpos de seguridade do estado, non van abrir zanxas para que durman tranquilas ás almas dos despoxados de todo, senon que se encargarán de abrir cabezas a quen dealle un pouco todo igual, porque xa esta cansa de tanto, e poñase en primeira fila a berrar por un mundo alomenos diferente....

Sabemos que o Alcampo, Corte Inglés, Citroen e demais... pecharan as verxas cando os piquetes se poñan pesados e despois a tardiña, os comercios volverán abrir, e o peor é que unha amiga miña peluqera dixome que ou xoves teñen o día completo porque a xente aproveita para ir a peiteado xa que non vai o traballo...

Sabemos todas esas cousas, e tamén sabemos que a folga é un dereito, e que cada quen decide, o que pasa é que vendo o que nestes catro meses en cuestión de dereitos este gobernó fixo, preguntábamonos se os dereitos non se convirten en deberes, e será un deber sair a rúa o xoves a decir que basta xa¡¡¡ que non no gusta nin estamos dacordo con esta reforma laboral, nin o que entenden por necesidades prioritarias, nin a educación que queren darnos, nin a sanidade que queren quitarnos, que eu caso con quen quero, se me quere, que no meu corpo decido eu, que coller comida do lixo non pode ser delito, que o que queremos é que pechen os CIES, non que os regulen entidades privadas, e que as rúas son de todas as persoas, non so dos pasos de semana santa….

E así estamos, que nos quedan catro días e temos unha lista que non para de crecer de motivos para protestar, e por todo iso imos ir, sendo amas de casa, autónomos, pensionistas… e sen traballar por conta axena, porque sobrannos os motivos, como decía a canción

Cales son os teus motivos?

viernes, 9 de marzo de 2012

Grazas! Xa superamos as 2000 visitas!

E todo isto e grazas a vós, que nos seguides nas ondas e a través da rede, que nos dades forzas e o pulo necesario para seguir loitando por aquelo que consideramos máis xusto e igualitario para todos e todas. 

Neste ano de andadura do ENREDATE non podemos máis que sentirnos inmensamente felices e afortunados/as de poder expresar e compartir as nosas inquedanzas, medos, dudas e feridas neste Mundo cada vez máis inhumán e individualizado. Sabemos que hai moito por facer, moitas cousas que cambiar e tamén que estamos nun momento en que no podemos baixar a guardia porque queren quitarnos moitos dos dereitos adquiridos. Pero sabemos tamén que non estamos sós nin soas nesta pequena illa chamada Utopía, camiñamos da vosa man, complices na noite radiofónica e na internet durante todo o día. 

Grazas por estar ahí, esperamos seguir disfrutando da vosa compañía 2000 visitas máis (coma mínimo!) 


jueves, 1 de marzo de 2012

PROGRAMA ENREDATE "SAUDE MENTAL"

Preparando o Especial de Marzo adicado á Muller

Aquí nos tedes, preparando os dous programas especias adicados á Muller que poderedes escoitar en Marzo. Non podedes perdervos a entrevista con Chelo, alumna do Centro de Recursos para Discapacidade de COGAMI en Mos que nos vai a falar da situación da muller con discapacidade e a entrevista con Lorena, traballadora de Implicadas no Desenvolvemento que nos falará da situación da muller no mundo e do traballo que están desenrolando en España e en India.

Estade atentos e atentas....porque o mes de Marzo será un mes especial!

Chelo, unha auténtica profesional das ondas :)


Lorena, explicándonos os programas de Implicadas ca sua dulce voz.




O mago que fai o milagro :)