domingo, 6 de mayo de 2012

Editorial: E o venres recortou...


E o venres recortou…..

Moitas de nós crecemos con aquela frase que pretendía resumir ás expresión de quenes somos? de onde vimos? e a onde imos? na famosa cita: "E no sétimo día descansou"…porque claro ¡¡¡, construír un mundo, cansa. Dende ese momento o domingo, o sétimo día da semana, convertiuse non descanso de todo deus.

Nestes tempos, a moitas de nós, quedanos vivir ou sobrevivir mais ben, con esta nova cita que temos para os fins de semana, grazas ao non-goberno do estado, é decir, que ti pensabas que a frase: "por fin é venres¡¡¡" era igual a un pensamento de liberdade, descanso, festa, relaxación, disfrute...ou calquer pensamento positivo..pois non.


Na idea de recortar que impregna nos diversos ministerios, os  recortes chegan ata os propios pensamentos, e algo positivo, enriquecedor e motivador como a fin de semana, convírtese en algo a temer, despois do anuncio do non-goberno de que os vernes anunciarianse mais recortes...enfins...

Ante esta situación, temos varias posibilidades, entre elas, pensar ou supoñer, que eses recortes económicos van ir destinados ás partidas que ás cidadás e cidadáns non entendemos que se estean a gastar: representación da España; Ministerio de Defensa; Monarquía; pensions a cargos vitalicios; soldos vergonzosos dás persoas políticas, senadores, alcaldes e un longo etc...ou no que se deben de estar gastando nas forzas de seguridade do estado, que cansas de perseguir ás persoas que podían cometer algún delito, agora encárganse de disolver manifestacións, agredir a persoas indefensas, ou vixiar os movementos segundo eles subersivos e con posibilidade de reflexión ou pensamentos propios....

E que entre os recortes de dereitos fundamentais, desmantelación do estado de estar, porque o de benestar xa fai tempo que non existe, e a derradeira novidade de pechar ás nosas fronteiras para evitar a suposta entrada de antisistemas que amolen a reunión do Banco Central Europeo, unha empeza a pensar alomenos algunhas cousas:


Si os antisistema de quen se queren defender, son antisistema, porque o sistema económico que rixe actualmente non cumpre coa consecución dos dereitos humáns nin é equitativo na repartición da riqueza: Non tería mais sentido que o estado  defendéranos do Banco Central Europeo e ás súas medidas económicas que están afogar ás familias? E polo tanto prohibir a súa entrada no país?

Quizais estamos confundidas, pero pensamos que quen tanto nos defende e coida de ameazas posibles, o que esta facendo e imposibilitando a liberdade, a igualdade e a fraternidade, e suponse que eses son os valores que impregnan ás democracias e a convivencia entre ás persoas.

Tamén temos outra opción, e é a de rebelarnos, e usar os instrumentos que temos para combater, coa palabra: saíndo ás rúas e difundindo o noso malestar, e coa acción: como os iaioflautas, ás persoas fartas de pagar ás peaxes en Cataluña que deixaron de facelo, a protesta pola subida dáas taxas do metro en Madrid... e usando ás extratexias de desobediencia civil dos precursores, e dicir: ata aquí.
Esta é a miña liña vermella.

E quizais o venres volva a ser: por fin é venres¡¡¡¡¡

Ninguén está obrigado a cooperar na súa propia perda ou na súa propia escravitude, a Desobediencia Civil é un dereito imprescritible de todo cidadán.

(Mahatma Ghandi)