NOTA DE PRENSA DA REDE SOCIAL GALICIA SUR
DISPOSITIVO DE PRIMAVERA VS. CENTRO DE
INCLUSIÓN SOCIAL
AS PERSOAS SEN FOGAR NON PODEMOS
ESPERAR
A Rede Social Galicia
Sur manifesta a súa inquietude polo incumprimento, una vez máis, dos prazos
previstos para a apertura e posta en marcha do Centro de Inclusión Social para
as Persoas Sen Fogar de Vigo. Facémonos eco da
preocupación da cidadanía de Vigo e da dramática situación das personas
que viven ou malviven nas rúas da nosa cidade.
A proposta orixinal de peche do Dispositivo de frío
o pasado día quince de Marzo, e a súa apertura inmediata como Centro de
Inclusión Social, non se fixo realidade ata o presente intre. Non temos, ademais, ningunha noticia ou información ó respecto
por parte da Alcaldía.
É máis que evidente que os prazos das teóricas
actuacións non se están a cumprir: As obras necesarias para acondicionar o
edificio cara ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia para
a posta en marcha dun recurso deste tipo aínda non comenzaron, non se fixo a convocatoria pública para a
xestión do Centro e non se sabe con certeza se existe unha partida orzamentaria
suficiente para este tema.
Todo isto fainos temer polo
futuro, non só dos vindeiros usuarios do Centro, senón polas persoas que están
a usar na actualidade o Dispositivo de Frío (Primaveral); e polas consecuencias
que o incumprimento do acordado polo Concello coa Fundación que cedeu o espazo poidan
ter.
Instamos ós responsables da Alcaldía a dar
reposta a esta falta de información, e a solucionar os problemas actuais que están
a impedir que se cumpra coa vella promesa do Centro de Inclusión Social, máxime
cando xa dispoñemos dun edificio axeitado dabondo para ese fin.
A Rede Social Galicia Sur segue agardando unha
resposta por parte da Alcaldía ante a petición reiterada dunha entrevista sobre
este tema.
A Rede Social Galicia Sur: ACLAD Alborada, Asoc. Érguete Vigo, Caritas
Diocesanas de Tuy-Vigo, Comité Oscar
Romero, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo
Autoapoio Imán Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, Parroquia Stmo. Cristo da
Victoria, Solidariedade Internacional, Organizacións e
colectivos, sen vinculacións partidistas nen sindicais, que traballan no eido
social e na cooperación internacional ao
desenvolvemento co fin de acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria,
equitativa e sostible que respecte os dereitos das persoas,