Non entendo…un morto aquí vale
mais que un morto alí. Ata para morrer existen
clases, castas…ata para morrer é importante onde residas, de onde sexas,
a cor da tua pel.
¿existiran acaso, os espiritus de
segunda? ¿teremos que seguir loitando despois de mortas para acadar a igualdade
“no outro lado?
Atentado en EEUU: 3 mortos.
Repercusión mediatica enorme, magnificada. Horas e horas de noticias, páxinas
de periódicos, condena inmediata dende todolos gobernos “democráticos”.
Masacre en Siria: centos de miles
de mortos, un goberno que non ten miramentos en masacrar a sua poboacion civil,
unas faccions rebeldes que tamén se pasan os dereitos humáns pola cara.
Pobreza, dor, sangue, violencia, opresión,… de veciño a veciño. Guerra civil.
Mes tras mes siguen as matanzas e a Comunidade Internacional non é quen de
posicionarse se quera. Deus me libre de
morrer en Siria, sería realmente una fantasma invisible (Ah! Non, que si son
occidental e morro ali, enton si haberia repercusión….porque o meu corpo vale
tripe).
Somalia, Corno de Africa: fame,
desnutrición, refuxiados e refuxiadas no continente expoliado. Nenos e nenas
que non chegan aos 5 anos, que morren sen folgos, sen facer ruido, sen chorar
porque non teñen se quera forzas. Nais e pais que teñen que levar os seus
corpos nos brazos. O mundo “civilizado” mira para outro lado, e segue a tirar
comida, a gastar millons e millons en productos dietéticos e estética. Aquí
morremos de exceso, de obesidade.
España: Persoas migradas que ao
non ter papeis morren sen atención sanitaria. Vergonzosa “marca España”, pero
de novo voltamos os ollos e nos lobotomizamos con gran hermano, o futbol, os
cotilleos, total! Non somos nós, non era españois, non valen o mesmo. Non se
lle chora igual a un negro que a un branco.
E así a lista será interminable… aquí e acolá, graduando,
facendo una xerarquía macabra e indigna...
Os que valen ben; os que non, olvido son.
No hay comentarios:
Publicar un comentario