martes, 19 de noviembre de 2013

Editorial: Falta Xente


Cando a semana pasada falabamos de mareas, usamos a cor branca, a verde, pero non a cor negra.Non nos esquecíamos, o cheiro a chapapote é dificil de esquecer, como o é tamén a visión das praias, da mar, das rochas tenxidas dun negro cor/dor.

Algunhas de nós aínda teñen nas paredes a bandeira do recordo, ás fotos, os recortes daqueles días, e a nota en común é a dor, ás bágoas, si, algunhas da emoción da outra marea branca, a da solidariedade de todas ás persoas que se achegaron a limpar a costa; mais a sensación común era a da posibilidade de evitar a catástrofe, e sentiuse dende o día 13 ata o 19 que rachou o barco, e conxugabase coa incredulidade de que algo así poidera acontecer sen poder facer nada para evitalo.

Trece anos despois a incredulidade ante os mesmos feitos e a total ausencia de responsabilidade é a mesma, ou mais si se pode.Vivias pendente das noticias, que ocultaban mais que informaban, pero case daba igoal porque a mar traía ás costas o que se quería ocultar.

Non estamos dacordo coa sentenza emitida no caso do prestige, mais non quedaba outra, entendase, quen estaba sentado non banco dos acusados? O capitán do barco( condena de 9 meses por desobediencia) o xefe de máquinas e o exdirector da mariña mercante....faltanos xente.

Os mesmos que once anos despois os atopamos en postos similares o de mais poder, que siguen a falar dunha conspiración de esquerdas, sen aprender que se o mar non entende de fronteiras, que vai entender de coordenadas...

Non sabemos o que poidera pasar se no ano 2002 se fixeran as cousas doutro xeito, é certo, pero si, que favorecendo a impunidade no 2013, podemos garntir que estamos mais perto doutro Prestige,e o contrario da canción: a vida non é igual.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Editorial: a marea

Unha marea verde, unha marea branca. Unha marea de voces, ríos de xente, augas revoltas e fortes que removen e o transforman todo ao seu paso.

Unha marea verde cargada de indignación pero tamén de unión de todo un sector, dendo o alumnado, ata as AMPAS e o profesorado. Xóvenes que volven a crer na loita, na implicación social e na sua capacidade de mudar o mundo e loitar polo que é seu. Unha illa que se paraliza reclamando unha educación pública de calidade e contra os recortes do goberno autonómico e estatal. Que consiguen que se modifique unha disposición sobre as becas erasmus, que fai que se aplace ata 2017 a implantación da LOMCE...e ainda queda máis por acadar, por suposto.

Unha marea branca que aboga por unha sanidade pública, de calidade e universal, sen que ninguén quede fora,para todos e todas. Unha sanidade que sea digna tanto para os que traballan nela como para os que a usan. Profesionais, pacientes e cidadanía en xeral que tras varias folgas, manifestacións e campañas de presión conseguiron que a Xustiza declarara ilegais algunhas das privatizacións que o goberno autonómico do PP quere implantar en Madrid. Conseguiuse que nalgunhas Comunidades se obxetara “soterradamante” a disposición que non permite dar asistencia non urxente a persoas en situación irregular.

Cando as veces decimos case en automático que “sair a rua non sirve de nada”, que protestar non funciona nin cambia as cousas, olvidamos estas pequenas grandes batallas que peleamos diariamente e que ganamos. Supoñen un esforzo e implicación de moitas persoas, supón deixarse o corazón e a pel sen ter garantías de conseguilo e ainda asi, sempre quedamos as que non queremos rendirnos. É fermoso.

E así seguiremos, as mareas multicolores cargadas de esperanzas e ideas de xustiza e dereitos humáns. Porque acabaran escoitándonos, somos a rúa, somos máis.