miércoles, 29 de mayo de 2013

A PARTICIPACIÓN HOXE: onde estamos e cara a onde vamos(I).

No noso pequeno/grande mundo europeo, o discurso da ingobernabilidad das persoas e da suposta existencia de grupos "fóra de", (sexa do sistema, sexa do discurso, polo suposto equívoco de dar demasiada liberdade) produciu un rexeitamento forte ao discurso popular (pertencente ou relativo ao pobo) de ser capaces de crear estruturas fortes e eficaces á hora de enfrontarse aos problemas, inquietudes ou formas de establecer os pactos sociais entre as persoas; e construíu o discurso do chamado "Goberno": que ten como instrumentos os comités de expertos, en substitución da cidadanía; os métodos de coordinación abertos coa creación dos novos actores sociais ( empresas); que nos di que o estado xa non puiden satisfacer as necesidades sociais como antes, e é necesario unhas "novas regras de xogo",é dicir, que o estado sexa ineficaz na protección de dereitos, e que sexa permisivo nas leis internacionais económicas en contra dos intereses dos cidadáns; que fala de espazos onde todos poden participar, pero esa participación esta definida previamente pola repartición de poder que xa non é nacional, senón supranacional e onde as voces das persoas teñen cada vez menos posibilidade de escoitarse, trasladada aos seus representantes que negocian as políticas máis interesantes para os criterios mercantilistas e onde o "todos", vén definido por actores que non entran dentro da nosa idea de sociedade civil: parece razoable, o que non pode ser o mesmo unha empresa que busca un beneficio propio, o lucro persoal, e unha organización (ONG) que defende certos valores e non os seus propios intereses.

    É necesario que as persoas tomen conciencia de se mesmas, como pertencentes a iso público, que a todas nos concirne, e que participen activamente na discusión das propostas políticas: pero para iso haberá que formar as persoas para a creación dunha vida asociativa que ao mesmo tempo fortaleza a democracia; de aí a importancia de ver o estado como parte do público.

    O concepto de participación vai ligado ao de representación, e de aí a importancia que cobra na dimensión política ( entendida esta como: a actividade do cidadán cando intervén nos asuntos públicos coa súa opinión, co seu voto, ou de calquera outro modo) o coñecemento de quen participa e como o fai.

    A cuestión vén establecida dalgunha forma en termos dicotómicos: se a sociedade civil debe participar nesas novas regras de xogo (que establece o poder hexemónico) e trasladarse á mesa de negociación, ou, seguir exercendo o seu dereito de participación na ágora social (onde é a cidadanía a que fala e decide) conxuntamente coa necesidade de definir que actores pertencen a esa sociedade civil.

    A elección que se faga pon de manifesto que tipo de poder se establece: se é unha cuestión de elección, consideramos a necesidade de estar representadas na sociedade, coas estruturas que aínda hoxe están vixentes: non desmantelar os movementos sociais clásicos, ( movemento obreiro e estudantil) nin o estado como estrutura de unión de persoas; as dúbidas ao respecto saen sobre a aceptación das novas regras de xogo nas mesas de negociación; a deliberación é un proceso máis xusto que a negociación, mais debese de tratar de usar as ferramentas xa existentes con aquelas que sexamos capaces de crear, para fortalecer os mecanismos que garanten os dereitos existentes.E non favorecer a sangría da vulneración e desaparición de dereitos xa consolidados.